domingo, 1 de noviembre de 2009

Silvia, serea da Pindilleira

Fervenza da Pindilleira

Esta foto posiblemente sexa a imaxe promocional da ruta das sereas no río do Pereiro xa que mostra con moita plasticidade o entorno e as emocións que desperta nas persoas o estar baixo unfa fervenza de auga fresca en pleno calor do mes de agosto.
A modelo e Silvia, compañeira de un curso de cooperación internacional en materia de pesca e acuicultura e actual alumna da universidade da Coruña na especialidade en Ciencias mediambientáis que foi a primeira muller en visitar as fervenzas e bañarse nelas dende o comenzo das tarefas de limpeza e apertura da futura senda natural.
Unha foto similar foi publicada na Voz de Galicia que se interesou polo tema e a beleza do entorno e da modelo.


Fervenza da Freixa Alta

Tamén a Asociación de Hoteleiros de Poio ten intención de usar a colección de fotos realizadas para promocionar o entorno e atraer un bo número de visitantes para coñecer este entorno espectacular.
Pretenden publicar un número importante de folletos e a imaxe de Silvia pódese converter nun icono de disfute medioambiental importante.
O que comenzou como una visita as fervenzas, un día de calor agresivo, a frescura da auga e una sinxela toma de fotos, estase a convertir nun descubremento de primeira orde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario