domingo, 1 de noviembre de 2009

campaña de divulgacion rios de Poio

Este mércores pasado tíñamos proxectada unha presentación das tarefas realizadas durante o verán do 09 na Casa Rosada, edificio do concello de Poio, adicado a sede da concellalía de servizos Sociáis, muller e xuventude, convidados por Rosa a titular de esa carteira, pero foi posposta sine die por mor da morte de un concellal en accidente de tráfico, miguel Anxo, que se encargaba da área de deportes.
Nesta primeira presentación, das múltiples que temos programadas neste concello e en outros faremos un percorrido polo feito ate agora, cales son os proxectos futuros, accións encomendadas, áreas de traballo, obxetivos perseguidos para conquir a os máximos apoios.
Estamos agora nunha campaña de divulgación para que esta iniciativa acade os máximos apoios polo que pretendemos visitar colexios, institutos, asociacións, colectivos e organismos e mostrar, dar a conocer e invitar a participar a todo o mundo A foto é tomada dende a escollera da Seca en Poio
(Nun futuro próximo uniranse os paseos litorais cos fluviáis para disfrutar do entorno único que poseemos e que temos que poñer en valor. )

Neste eido, este venres imos proceder a ter a presentación coa Asociación de Hoteleiros de Poio e intentar que aporten ideas, proxectos, etc relacionados coa " explotación" medio ambiental dos ríos de Poio.
Coidamos que o referente do natural, do patrimonio etnocultural e paisaxístico, os microclimas asociados os cursos de auga, a riqueza da flora e fauna, a micoloxía, etc. de Poio, preséntanos unhas novas oportunidades para crear riqueza e por outro lado facer que este en entorno sexa
coidado e repetado.

Exemplar de ganoderma no tronco de un carballo o pé da fervenza da Freixa Alta

No hay comentarios:

Publicar un comentario