sábado, 24 de octubre de 2009

finalización limpiezas 2009

Imaxes de arriba a abaixo:
Fervenza da freixa alta con Alberto (cocidito madrileño) disfrutando da auga.
Participantes na cuarta xornada de limpeza do río do Pereiro.
Participantes da quinta xornada no Pereiro, descansando na Freixa Alta.
Estado do río da Sela.




Hoxe escribo para decirvos que entraron as chuvas fortes de outono polo que este ano damos por rematadas as faenas de limpeza, catalogación e control de puntos críticos nos ríos de Poio.
Este ano soio foron dous ríos o do Pereiro e o da Sela nos que estivemos traballando.
No primeiro xa se están a poñer en marcha varias iniciativas apoiadas polo concello de Poio, entre elas vanse a abrir sendas de lecer a carón do mesmo que se chamará a ruta das sereas e que enlazará as fervenzas fermosísimas da Pindilleira e da Freixa Alta. Unha ruta coa rehabilitación das contrucción antigas como lavadoiros, muiños, presas de auga, manantiáis, fontes, etc. Preténdese crear un corredor verde de 50 metros de ancho a ámbolos lados do río coa plantación de árbores autóctonas e eliminación de especies invasoras con acacias e eucaliptos que agora están presentes na zona e que provocan a perdida do chan e a destrucción do hábitat. Tamén pretendemos repoboar o río de peixes da nosa zona e reforestar arbustos e plantas froiteiras nas beiras para axudar a nidificación de aves.
No río da Sela, que desemboca na praia do Padrón, en Combarro o asunto é distinto. Atopamos seguindo o curso do río hacia a súa cabeceira un importante vertedorio de lixo xa bastante antiguo. Nel podedes ollar couas que non se vos ocurriría... Ate unha transmisión traseira dun coche dos anos 70.
Compre facer antes de nada un traballo mecanizado de retirada de preto de
50 Tm de lixo no lugar e escomenzar as tareas de limpeza do ano pasado porque o limpiado voltará a estar cheo de merda despois das chuvas do inverno.
Temos a Gregorio Agis a nosa disposición para afrontar as tareas de recuperación. E o concellal de medioambiente do concello de Poio y está comprometido na causa como o que máis.



No hay comentarios:

Publicar un comentario