sábado, 24 de octubre de 2009

finalizacion de xornadas de limpeza 2009

fotos:
1. Pepe Cochón con material recollido nunha xornada de limpeza no río da Sela
2. Chelo Besada, teniente-alcaldesa de Poio, en plena faena, con Alberto (cocidito..)





Ben, finalizamos este ano as xornadas con un sabor de boca pastoso, ácido.
Cando estabamos a rematar unha xornada de desbroce e recollida de material contaminante, ocurreselle a idea de subilo río a
Pepe Cochón para ver de mirar de donde proveñen tantos plasticos no mesmo.
Así subimos por un tramo cheo de vexetación propia do biotopo, abundante pero moi descuidada, enferma, con exemplares de amieros, carballos, vidueiros, nogueiras, castañeiros, e froiteiras no cauce do río, atravesados e interrumpindo o curso normal do auga.
Atopamos multitude de rans pero non peixes nin outro tipo de animáis. Seguimos perto de medio km. e no medio de un bosque mesto de acacias empezamos a topar lixo de todo tipo: frigoríficos, bidóns de ferro, material plástico en grandísimas cantidades, ordenadores e tvs, etc.
Calculamos que a pé de río pode haber máis de
50 tm de lixo repartidas en dous vertedoiros xa antiguos porque as pezas de ferro encontradas están bastante deterioradas e pertencen a utensilios fora de circulacion come é o caso de un tren traseiro de un automóvil dos anos 7o atopado no lugar.
Temos o compromiso da concellalía de medioambiente do concello de Poio de retirar este foco de contaminación denantes de que escomenzar as xornadas de limpeza do ano que está por vir y eso é un consuelo
Agora é a tempada de comunicación e difusión de todo lo feito por os locales do concello, escolas, etc. co fin de extender o conocimento social de esta iniciativa, buscando a maior implicación posible da cidadanía en futuras edicións. estamos creando medios audiovisuais de transferencia de información con o uso das novas tecnoloxías vía internet e usando as posibilidades informáticas dispoñibles como poden ser as presentacións en pantalla extensible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario