miércoles, 9 de septiembre de 2009

limpieza do rio da Sela (Poio)




Este sábado imos a proceder a unha xornada de limpeza do cauce do río da Sela en Poio dende o lugar de Armada hasta a desembocadura do mesmo.
Onte pola tarde acompañado de Alberto Camarero, un amigo madrileño que reside en Pontevedra , saimos a facer un recoñecemento do estado no que se encontra o río. Saímos dende o lugar da Renda e fixemos o recorrido río arriba hasta donde puidemos. Recorremos perto de un Km.
O que nos encontramos e desolador: Calculamos que deberemos recoller perto de unha tonelada sólo de plásticos neste tramo y que se deben retirar máis de 50 de material de desbroce e tala.
En moitos lugares e totalmente imposible pasar pola beira do río e mesmo polo seu cauce. Ainda que quizás medioambientalmente sexa a mellor opción para conservar a biodiversidade do ecosistema.
Nembargantes cabe decir que se fai imposible a retirada do material contaminante que atopamos pola tarde y que os seus efectos sobre a calidade das augas do río e do mar donde ganan o sustento centos de familias da bisbarra que se adican o marisqueo e a pesca artesanal son moi dañinos.
Imos precisar de moita axuda e de moitas mans xa que é moito o material que hai que retirar.
A saída farase dende a capela da Renda no lugar do Xuviño en Poio as catro da tarde. Acabaremos o redor das 8 da tarde.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Participación dos veciños e asociacións veciñais

















Podedes ver fotografias dos veciños participando na recuperación do rio do Pereiro

Benvida e nacemento do blog rios de Poio.

Hoxe nace una nova forma de comunicarvos unha iniciativa que un grupo de persoas estamos levando a cabo en Poio.
Este ya é o segundo ano de traballos. Van xa uns cantos meses de reunións, de programacións, de tarefas medioambientais co fin de redescubrir os regatos que temos na zona, conseguir a volta das persoas a este lugares co fin de que se coñezan, se respeten, sirvan de zonas de lecer para todo o mundo.
Escomenzamos simplemente recollendo o lixo dos cauces. Non tíñamos ningunha outra finalidade pero este iniciativa foi medrando e estase a convertir nun proxecto medioambiental de primeira magnitude.